viernes, 14 de septiembre de 2012

COMO COLLER BEN O LAPIS




Unha das cousas que máis preocupan aos pais cando os seus pequenos comezan a utilizar pinturas e lapiseiros é ensinalos a collelos mellor, para así garantir unha correcta escritura co paso do tempo.

Sobre todo a partir dos tres anos, é bo fixarse en como collen os lapis.
Podemos axudalos, traballando con eles dous aspectos:
-A postura coa que se suxeita o lapis: a pinza, que é suxeitar o lapis entre os dedos índice e pulgar (só estes dous) e así o apoiar no dedo medio)
- A forza dos dedos.

Aquí van unha serie de exercicios que axudan a coller mellor o lapis, son todos eles divertidos e sinxelos de introducir na rutina dos nenos:

- Teclear (pianos de xoguete, ordenador...)
- Xogar con pinzas da roupa.
- Rasgar papel ou facer tiras coas mans.
- Xogar con plastilina (facer boliñas, coller beliscos...)
- Facer boliñas de papel cos dedos.
- Facer colares con bólas grandes.
- Dar cartas dunha baralla.
- Pasar follas dun libro.
- Manipular obxectos pequenos.
- Enroscar e desenroscar botes..., aparafusar e desaparafusar
- Meter aperitivos de cores por buratos.
- Pegar 
gomets, adhesivos pequenos...
- Pintar usando o dedo índice con pintura de dedos ou facer liñas na area...
- Recortar con tesoiras.
- Debuxar con ceras e pinceis.
- Abrochar e desabrochar botóns.
- Subir e baixar cremalleiras.